C.R.C. Redondela 2 - 4 Helios Cafetería O AdroA tarde comezaba có encontro que enfrontaba a un dos mellores clasificados no ranking individual (Rodrigo Feijoo) fronte a Óscar Couñago, un deses xogadores que non acaba de convencer nas estadísticas, pero que sempre deixa un par de puntos de calidade.
Pero de pouco serviu, nun mal partido do de Catapeixe, o marcador final foi de 0-3 para Rodrigo nun partido no que Óscar tan só mostrou perigo de gañar no primeiro xogo.
Có 0-1 no marcador salta ó terreo de xogo a Panteira redondelana, e dempostrando unha vez máis que é, sen dúvida algunha, o lider deste equipo derrotou por 3-0 a José L. Cabaleiro no seu debut ligueiro neste ano. Foi un partido dificil no que o xogo psicolóxico foi máis importante có físico. Sen dúbida algunha o marcador final foi de 3-0 pero puido ser máis apretado de non ser pola calidade e experiencia ligueira da PANTEIRA REDONDELANA!!
A cousa pintaba mellor 1-1 e saltaba ó campo o 2º en discordia do C.R.C., Chema
(coñecido por Zapas ou Borrachín na zona de Cangas XD). Pere éste non era o seu día, parecía que non pasara unha boa noite, estaba durmido, sen gañas, sen mostrar esas gañas de gañar. E así é moi dificil, polo que Julio Román gañou por 0-3 poñendo por diante outra vez os de Bembrive (1-2).
Era turno de xogar os dobres, unha das mellores armas do equipo redondelán, pero non era o día de Chema, e aínda que Óscar Panteira Villaverde case deixa os dentes, non foi suficiente, posto que esto era un xogo de 2 no que se un falla o compañeiro ten pouco que facer aparte de intentar animar a súa parella. E así, con un xogo irregular dos de Redondela, foi como Rodrigo e Julio acadaron a victoria por 1-3.
Cún 1-3 no marcador xeral os de Redondela tiñan poucas esperanzas na remontada, posto que dous dos seus xogadores non estaban a xogar nada ben, pero a Panteira Redondelá non se rende nunca e así foi como conseguiu gañar por 3-1 a Rodrigo aupándose co liderato do ranking individual. O partido foi moi bonito de cara o público, pero era desos que ao mister non lle gusta contemplar, posto que o factor xorte pode ter moito que ver neste tipo de xogadas. En definitiva, có 2-3 no electrónico todo era posible, pero (sempre hai un pero)...
Tocaballe a Óscar Couñago, e aínda que o xogo do seu rival Julio era perfecto para a forma de xogar do redondelán, estaba claro que non era o seu dia, os saques non saían todo o ben que se quería e non estaba fino o bloqueo, polo que o seu rival conseguiu unha facil victoria por 0-3 deixando sentenciado o partido por 2-4 e deixando o equipo redondelán sen opciones de acador o liderato provisional da tabla.
Pero sen dúbida o equipo redondelán seguirá intentando acadar o ascenso a final de tempada, polo que seguiremos informando dos próximos resultados.
PD: Por problemas técnicos non se puido publicar o resumo da xornada anterior fronte Cinania - Frigoríficos Morrazo que acabou cun marcador xeral de:







